CRTVG

Buscar

Inditex rexistra un beneficio de 421 millóns de euros e as vendas aumentan un 50 %

Publicado o 09/06/2021 10:57

Inditex rexistrou un beneficio neto de 421 millóns de euros durante o primeiro trimestre do seu exercicio fiscal 2021-2022 fronte ás perdas de 409 millóns do primeiro trimestre de 2020 derivadas da pandemia, segundo informou este mércores o grupo.

As súas vendas incrementáronse un 50 % ata chegar os 4.942 millóns de euros. A venda en liña creceu un 67 %. Inditex destacou que as vendas aumentaron en todas as áreas xeográficas e en cada unha das cadeas.

Pablo Isla, presidente de Inditex, destacou sobre estes datos como "a diferenciación e transformación estratéxica cara a un modelo de negocio totalmente integrado, dixital e sostible continúa dando resultados".

Inditex celebrará a súa xunta xeral de accionistas o 13 de xullo en Arteixo. O consello de administración propoñerá un dividendo total correspondente ao exercicio 2020 de 0,70 euros por acción.

A peche de trimestre, a compañía contaba con 6.758 tendas en 96 mercados, tras a apertura de 53 novas tendas en 21 deles.

Noticias web

09/06/2021