CRTVG

Buscar

Inditex regresa a beneficios no segundo trimestre malia anotar perdas semestrais

Publicado o 16/09/2020 08:47

• O beneficio neto semestral é positivo se se exclúe o investimento feito para acelerar a estratexia de integración de tendas 'online'

Adolfo Domínguez rexistra perdas pero ve subir as vendas dixitais

 

Inditex regresa a uns beneficios de 214 millóns de euros no segundo trimestre do seu exercicio fiscal 2020-2021 (entre o 1 de maio e o 31 de xullo) e deixa atrás os números vermellos dos tres primeiros meses, aínda que rexistra unhas perdas de 195 millóns de euros no primeiro semestre (entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo), nun contexto marcado polo impacto da covid-19.

Con todo, ao excluír a provisión de 308 millóns de euros realizada no primeiro trimestre para acelerar a estratexia de integración de tendas online, o beneficio neto semestral é positivo e alcanza os 39 millóns de euros, segundo destaca a compañía.

As vendas do grupo no primeiro semestre continuaron recuperándose ata alcanzar os 8.033 millóns de euros, limitando así a súa caída ao 37 %, grazas a que no segundo trimestre melloraron ata o -31 % desde o -44 % rexistrado no primeiro trimestre.   

As tendas pechadas no segundo trimestre chegaron a alcanzar o 87 % do total no mes de maio e desde entón foron normalizando a súa actividade paulatinamente. Na actualidade, Inditex conseguiu abrir xa o 98 % do parque global de tendas, aínda que se manteñen algunhas limitacións de horario e capacidade en determinados mercados. 



En ampliación.