Inditex quere instalar tres aeroxeradores no porto exterior da Coruña
Publicado o 22/04/2021 16:20

A multinacional galega Inditex quere construír un parque eólico no porto exterior da Coruña. En concreto, o proxecto contempla a instalación de tres aeroxeradores na explanada de Levante do porto exterior da Coruña, e en principio serían para alimentar a sede central do grupo aquí, no polígono de Sabón, e tamén colaborar co consumo enerxético das instalacións do porto exterior.
Inditex faríase cargo de todo, incluídas xestión e mantemento, e, segundo din nunha nota, contrataríanlle a operativa técnica a unha empresa externa. O investimento por parte da multinacional galega sería duns 30 millóns de euros.
Non é a primeira vez que farían algo semellante, aínda que non a esta escala: Inditex xa ten un muíño instalado no polígono de Sabón.