CRTVG

Buscar

Inditex non presentará ERTE en abril e pagará as nóminas do seu persoal de tendas

Publicado o 13/04/2020 19:25

Inditex non presentará un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) neste mes de abril e seguirá sufragando con recursos propios a retribución de todo o seu cadro en España, segundo informou este luns a compañía.  

Así, o presidente de Inditex, Pablo Isla, anunciou que a empresa vai seguir sostendo con recursos propios o pago da retribución a todo o seu cadro en España, como veu facendo ata agora.

En consecuencia, decidiu non presentar ningún expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) en abril para o persoal de tendas, polo que o cadro ao completo recibirá a súa nómina íntegra sufragada pola empresa.   

Con todo, en función do desenvolvemento da emerxencia sanitaria e do estado de actividade das tendas, a empresa afirmou que poderá estudar máis adiante a posibilidade de aplicar, para o persoal de tenda, algunha das ferramentas propostas polo Goberno para preservar emprego.

Noticias web

13/04/2020