Indignación no ocio nocturno polo descontrol dos "botellóns" en Vigo
Publicado o 26/06/2021 14:12
Nesta primeira noite sen máscaras puideron verse botellóns en diversos puntos de Vigo, unha práctica que está prohibida en Galicia. "Agora xa é total libertinaxe. Antes, durante a pandemia, todos sabiamos que había eses pisos ou esas casas, de alugueiro, nas que se concentraban sen cumprir as medidas, pero agora xa non. Xa o viamos onte, cando xa había xente nas terrazas que non cumpría as normas. Ao final isto é o que nos vai afectar a nós: chamamos á Policía, denunciamos esta situación e a Policía dinos que non teñen medios", explica Carlos Rodríguez, presidente da Asociación de Ocio Nocturno de Pontevedra, APEMER.