Indignación entre os veciños do barrio coruñés da Silva pola ocupación dunha vivenda
Botaron abaixo os ladrillos cos que o dono tapiara a porta. Entraron na casa causando alarma entre os veciños, pero cando chegou a policía, xa non puido desaloxar os novos inquilinos. Ocorreu na Coruña, onde o problema da ocupación ilegal non deixa de aumentar
Os veciños do barrio coruñés da Silva senten impotencia. Viron como nas últimas horas se achegaban ata aquí axentes da Policía Nacional e Local, dúas patrullas para intentar desaloxar os ocupantes ilegais que nas últimas horas entraban pola forza nunha vivenda que xa fora ocupada tamén de xeito ilegal, con anterioridade.
Foron eles, os propios veciños os que denunciaron a ocupación ilegal.
"Os donos estaban fóra, pero morreron... Agora quedou para unha filla que está en Francia e a casa está á venda, e ocupárona".
Foi a plena luz do día, botando abaixo os ladrillos cos que o seu propietario tapiara a porta e as ventás.
Son poucos os falan diante das cámaras e moitos os que calan por medo a posibles represalias. Todos coinciden en que a zona precisa máis seguridade. Unha vella demanda da que tamén se fai eco a asociación veciñal.