Increméntase a demanda de motos tras o confinamento
Publicado o 09/07/2020 15:35
Había moitas ganas de moto despois de 4 meses pechados e iso noutouse nun ascenso da matriculación. Nas tendas non dan abasto. O moteiros queren volver ás súas rutas e as empresas tamén demandan este vehículos porque tiveron que reinventarse.
E os que xa tiñan moto, antes de volver sacala teñen que poñela a punto. Os talleres están saturados.
Xa coas motos en condicións, hai que ter en conta as medidas de seguridade polo coronavirus.
Dispostos a volven facer ruxir os motores, pero, iso si, cumprindo as normas de tráfico.
Con cabeza, porque o desconfinamento trouxo consigo un incremento dos accidentes de moto. E o fundamental é poder seguir gozando da liberdade das dúas rodas con seguridade.