CRTVG

Buscar

A Xunta incorpora recursos contra os incendios forestais no novo plan contra o lume

Publicado o 26/05/2021 15:40

Galicia vai mellorar a loita contra os incendios forestais. O plan cotra o lume posto en marcha pola Xunta vai incorporar este verán dous novos helicópteros, así que serán en total 30 medios aéreos os que velen polos nosos montes.

Estará operativa ademais unha unidade de investigación e a rede de cámaras de vixilancia vai cubrir preto do 70 % do territorio. En total, o operativo contra o lume estará composto por 7.000 persoas. 

Noticias web

26/05/2021