CRTVG

Buscar

Incógnitas para as celebracións de Nadal: con cantos? Onde? Ata que hora?

Publicado o 15/12/2020 15:01

Pendentes da decisión que tomarán dentro dunhas horas os expertos sanitarios, os galegos van facendo os plans con tres incógnitas na mente sobre as reunións. Cantos? Onde? E ata que hora?  

A falta de coñecer os detalles do protocolo a seguir para estas festas, asaltan as dúbidas. As primeiras preguntas xiran entorno a mesa e cantos poderemos sentar.

O Goberno central fixa o tope en dez persoas, a Xunta decántase por duas unidades familiares como máximo. na rúa a cuestión non está moi clara.

Outros non se complican coas contas e priman a seguridade.

Os desprazamentos son outra das principais incógnitas. E tamén a mobilidade entre países.

Sobre o toque de queda aínda falta por saber a que hora teremos que volver á casa as noites de celebración. 

Á espera de coñecer os detalles do plan para este Nadal, sabemos que será distinto en todos os fogares.

Noticias web

15/12/2020