CRTVG

Buscar

Graves incidentes en Bilbao nas horas previas á final da Copa deixan unha ferida hospitalizada

Publicado o 03/04/2021 22:14

Milleiros de seareiros do Athlétic amoreáronse nas proximidades do estadio de San Mamés en Bilbao e provocaron incidentes cando chegou a Ertzaintza. Houbo cargas policiais e lanzamento de botellas polos congregados. Unha moza quedou ferida por un golpe cunha botella.

Os cánticos a prol do Athlétic, as bandeirolas e bufandas ao aire deron paso aos altercados, nunha rúa onde non se respectaba a distancia de seguridade e os grupos superaban as catro persoas que dita a normativa pola pandemia. Houbo queima de colectores do lixo nas rúas. Impuxéronse ademais algunhas sancións polo incumprimento das normas sanitarias, pero sen detidos.

En Donostia tamén houbo aglomeracións nunha zona vella da cidade abarrotada de seareiros da Real Sociedade, neste caso pero non houbo incidentes.


 

Noticias web

03/04/2021