Incidente do Papa Francisco cunha muller na praza de San Pedro
Publicado o 31/12/2019 20:32
O Papa Francisco animou á Igrexa a superar as "vellas lóxicas de contraposición" e atender as necesidades e o berro de axuda da sociedade. Foi na misa de agradecemento polo ano que acaba. Despois o Papa abandonou a basílica e saudou aos fieis que se congregaban na praza de San Pedro. Nese momento produciuse un incidente cunha muller que o agarrou bruscamente e tirou del. Francisco, reprendeuna polo xesto e golpeouna na man para que o soltara.