CRTVG

Buscar

Incidente cun home que tirou papeis ante o cadaleito de Rubalcaba

Publicado o 11/05/2019 20:56

Na parte final do velorio de Pérez Rubalcaba produciuse un incidente cun home que tirou unhas follas de papel ao aire.
Despois de esparexer as follas polo chan, o suxeito comezou a dicir, ante o cadaleito, que non se ía mover ata falar co director do CNI, o Centro Nacional da Intelixencia española.
A situación obrigou á intervención do presidente do goberno, Pedro Sánchez, que falou brevemente co individuo. Tamén Ana Pastor se dirixiu cara a el. En poucos segundos lograron levalo fóra da sala onde estaba instalada a capela ardente.
 

Noticias web

11/05/2019