Incerceptan un arrastreiro de Marín por pesca ilegal entre as Cíes e A Guarda
Publicado o 28/10/2019 14:40
A Garda Civil interceptou un arrastreiro con base no porto de Marín pescando en fondo prohibido e fóra dos horarios establecidos. Navegaba entre as illas Cíes e A Guarda, co sistema de localización e identificación apagado.
Unha vez interceptado, puido comprobarse que estaba a traballar na modalidade de arrastre de fondo, e foi conducido cos aparellos de pesca ao porto de Vigo. Alí, os axentes examinaron a documentación e formularon varias denuncias administrativas. Por outra banda, tamén lle incautaron 320 quilos de peixe, que foi entregado ao banco de alimentos.