CRTVG

Buscar

Un incendio na Coruña arrasa un local e dana dous coches

Publicado o 06/02/2020 08:31

Espectacular incendio no barrio de Monte Alto, na Coruña. A pesar do aparatoso das chamas, non houbo que lamentar feridos. O local no que se produciu o incendio quedou totalmente destruído. Os veciños din que puido ser provocado polo dono, que, aseguran, ten as súas facultades mentais minguadas. Un problema que xa denunciaron polos problemas de convivencia que ocasiona. 

Cando chegaron os bombeiros ata o lugar con dous camións e un vehículo de mando as chamas saían cara ao exterior. A orixe era un pequeno local no número 13 da Rúa da Xustiza. Aquí houbo unha pequena tenda que se dedicaba á reparación de pequenos electrodomésticos. Agora sen actividade.

"Todo o interior do local que era moi pequeno, de escasamente seis ou sete metros cadrados, todos o que había dentro quedou totalmente queimado e destrozado e só afectou ao propio local. É certo que as lapas puideron chegar as vvivendas dos primeiros, pero só se viron afectadas polo fume. E non houbo ningún tipo de danos persoais", dixo Francisco Rodríguez Martínez, sarxento dos Bombeiro da Coruña.

A pesar do aparatoso das chamas non houbo que lamentar feridos. Dous coches resultaron danados. Os bombeiros tardaron unha hora en sufocalo incendio e rematar co operativo. Non houbo que desaloxar ningún dos edificios lindeiros. "Unha vez extinguido o lume fixemos unha comprobación deses pisos superiores, tamén do oco da escaleira do edificio para liberalos dos fumes dese lume", aseguraba o responsable dos bombeiros.

Segundo os veciños da zona, no baixo acumulábase moito lixo e era empregado habitualmente polo dono do local. Afirman que é un home que non se atopa ben e que xa denunciaron o caso pero que os servizos sociais non foron quen de atallar o problema.

"Volveu outra vez para aquí. Rompeu o cristal. Eu chamei ao administrador para darlle parte e despois vino pasar cun cartón. Isto serían as sete e pico oito dar tarde. As oito da noite marchei para a casa e sobre as nove e medida chamáronme, os veciños, o señor do bar daquí ao lado que estaba ardendo todo. Xa baixei estaba todo en lapas. Polo visto prendeulle ao cartón e marchou. Estaba todo cheo de lixo os momentos que o vin eu aberto, cos cristales rotos todo así estaba", explicaban os veciños.

A policía investiga o acontecido.

 

Noticias web

06/02/2020