CRTVG

Buscar

Incendio sen vítimas persoais na residencia de maiores de Matogrande, na Coruña

Publicado o 28/08/2021 09:14

Na Coruña, susto ao fío da media noite na residencia de maiores Domus Vi de Matogrande Un incendio no garaxe do edificio mobilizou catro dotacións de bombeiros, que traballaron máis de dúas horas para apagar o lume e evitar que a fumareda lles afectase aos 130 residentes.

As lapas, que prenderan nun coche, acabaron danando outros tres vehículos, mentres o fume inundaba os corredores do centro.

Noticias web

28/08/2021