Incendio nunha casa deshabitada de Santiago, sen danos persoais
Publicado o 14/07/2020 13:46
Un incendio na Porta do Camiño, en Compostela, foi sufocado á primeira hora da mañá polos bombeiros. Na rúa Caramoniña ardeu unha casa abandonada.
A vivenda xa estaba semiderruída e os bombeiros composteláns tiveron que traballar desde unha autoescada para reducir os riscos. Sen danos persoais, ardeu o lixo do piso, o chan de madeira e as vigas que permanecían no teito.
Houbo que perimetrar a zona, pero non foi necesario o desaloxo das casas lindeiras. A vivenda non contaba con luz nin con gas, polo que se analizan outras posibles causas do incendio.