Arde en Ourense un edificio en que varios indixentes se refuxiaban para durmir
Publicado o 14/10/2021 09:24
Un incendio nun edificio ocupado ilegalmente sobresaltou esta madrugada os veciños da zona vella de Ourense. Foi contra a unha da mañá, no primeiro piso dun edificio de tres andares. O inmoble está abandonado, pero dentro viven de xeito ilegal varios indixentes que abandonaron o lugar antes de que chegasen os bombeiros.
Tardaron algo máis dunha hora en extinguir as lapas, que, finalmente, afectaron só un cuarto en que había colchóns e os avíos persoais dos okupas. O edificio quedou precintado á espera de que o avalíen os técnicos municipais.