CRTVG

Buscar

Incendio no porto de Hong Kong, onde arderon dezaseis embarcacións

Publicado o 28/06/2021 08:42
Incendio no porto de Hong Kong, onde arderon dezaseis embarcacións

Grave incendio nun porto de Hong Kong. Arderon 16 embarcacións nun refuxio contra tifóns. O lume comezou de madrugada. Só unha persoa foi trasladada ao hospital, pero os bombeiros rescataron 35. Houbo unha gran despregadura de medios para acabar coas lapas. Os peores traballos levaron seis horas, e agora investígase a orixe do lume.

Noticias web

28/06/2021