Incéndiase un pesqueiro en Huelva e deixa dous feridos
Publicado o 05/05/2020 15:35
Os bombeiros investigan como se iniciou o incendio que esta mañá destruíu un barco pesqueiro amarrado no porto onubense de Isla Cristina. Dous mariñeiros quedaron feridos e foron trasladados a un hospital local.
No momento do sinistro, a dársena estaba chea, polo que as lapas afectaron outras dúas embarcacións. Os danos non foron maiores porque os mariñeiros conseguiron separar o barco incendiado do resto da frota, evitando a propagación do lume. Arderon tamén redes e útiles de pesca almacenados no peirao.
As autoridades portuarias avalían agora os danos causados polo sinistro.