Incéndiase un camión na A-6 en sentido Madrid, á altura de Baralla
Publicado o 28/04/2020 14:17
O incendio nun camión articulado na autovía A-6 obrigou esta mañá a cortar a circulación en sentido Madrid.
O sinistro tivo lugar á altura do concello lugués de Baralla. O condutor do vehículo non sufriu ningún dano, pero o lume fixo que os carrís da autovía en dirección a Madrid quedasen cortados, polo que o tráfico foi desviado á nacional sexta.