CRTVG

Buscar

Incáutanse de 6.000 plantas de marihuana en Toledo

Publicado o 04/09/2021 21:28

Incáutanse de 6.000 plantas de marihuana nunha operación policial en varias localidades de Toledo. Trátase da maior cantidade desta droga aprehendida nunha mesma operación na provincia. A Garda Civil levaba sobre a pista do entramado desde mediados do mes abril.

Hai once persoas detidas de entre 26 e 48 anos acusadas dunha vintena de delitos por conformaren un entramado criminal dedicado ao tráfico de marihuana. En total requisáronse case seis mil plantas de marihuana, 200 quilos de gromos envasados e listos para a súa distribución e pequenas cantidades doutras drogas.


 

Noticias web

04/09/2021