CRTVG

Buscar

Comisados 1.400 quilos de cocaína ocultos en contedores no porto de Bilbao

Publicado o 14/06/2021 11:50
Comisados 1.400 quilos de cocaína ocultos en contedores no porto de Bilbao

A Axencia Tributaria e a Garda Civil, nunha operación conxunta, comisaron 1.397 quilos de cocaína en dúas operacións realizadas nos meses de marzo e maio no porto de Bilbao, segundo informaron este luns o Ministerio de Facenda e a Axencia Tributaria. 

A Unidade de Análise de Risco do recinto aduaneiro aprehendeu a finais de marzo un primeiro alixo de 185 quilos de cocaína e xa no mes de maio un segundo alixo de 1.212 quilos. Nas dúas ocasións estaban ocultos en colectores que proviñan de América do Sur. Tras detectarse irregularidades, realiazouse unha inspección en profundidade. Unha vez descargada a mercadoría, observouse da existencia duns fardos non declarados que se parecían aos empregados para o transporte de substancias estupefacientes. No seu interior había uns paquetes que contiñan unha substancia que resultou ser cocaína.

Os 1.397 quilos comisados acadarían no mercado ilícito un valor superior aos 86 millóns de euros, segundo manifestou a Axencia Tributaria. As investigacións continúan abertas e non se descartan futuras detencións.

Noticias web

14/06/2021