Incautadas 35 toneladas de haxix na maior operación antidroga no mar
Publicado o 01/10/2020 08:23
A Policía Nacional e a Axencia Tributaria incautáronse de 35 toneladas de haxix na que se considera a maior operación no mar contra o tráfico de drogas. O alixo descargárono onte no porto das Palmas de Gran Canaria e está valorado en 60 millóns de euros. Os axentes de Aduanas abordaron varios veleiros no estreito de Xibraltar, Baleares, Canarias e Mauritania cargados coa droga. A Policía atribúe o cargamento a unha banda do leste de Europa. Os 11 detidos teñen nacionalidade búlgara e rusa.