CRTVG

Buscar

Aprehendidas 280 toneladas de cocaína na maior operación internacional contra o narcotráfico

Publicado o 05/12/2020 11:57

 

 

 

A Garda Civíl participou por terceiro ano consecutivo na operación "Orion", a maior investigación internacional contra o narcotráfico que se leva incautado desde o comezo de máis de 280 toneladas de cocaína e de 63 de marihuana.

Os axentes españois deron cun alixo dun total de 11.300 quilos de cocaína en operacións específicas tanto propias coma conxuntas con outros corpos e axencias policiais internacionais.

A Armada de Colombia dirixiu as últimas pescudas con outros 29 países e coa participación das unidades marítimas e aéreas da Garda Civil no Atlántico Oriental. Tamén se coordinaron na investigación os axentes da policia xudicial da Garda Civil, e en portos e aeroportos.



 

Noticias web

05/12/2020