CRTVG

Buscar

Inaugúrase a exposición 'Corpos presentes' na USC

Publicado o 06/05/2021 21:32

Inaugurouse este xoves na Universidade de Santiago unha mostra de arte da Fundación María José Jove baixo o título 'Corpos presentes'.

O presidente, o reitor e o alcalde participaron na presentación. A mostra vai estar aberta ata o 3 de xuño na igrexa da universidade e no colexio de Fonseca. Son pezas de pintura e escultura que aluden ao relacionado coa peregrinación e o recollemento interior.