CRTVG

Buscar

Inauguran en Mondoñedo a casa museo de Álvaro Cunqueiro

Publicado o 01/03/2019 20:47

Esta tarde inaugurouse en Mondoñedo o museo de Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha antiga casa do escritor situada en fronte da catedral da vila que agora se destinará a recrear a súa figura e a divulgar a súa amplia obra literaria. O proxecto desta casa museo foi posible grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, a Xunta e a Deputación de Lugo.

 

Dende o seu privilexiado banco aos pés da Catedral de Mondoñedo, a figura de Álvaro Cunqueiro veu reabrir as portas da súa antiga casa convertida agora nun museo na súa memoria.


No interior do museo profundízase na traxectoria persoal e profesional de Cunqueiro. Están aquí dende primeiras edicións dalgunhas das súas obras, ata fotos familiares do escritor e unha das maiores xoias es esta, a súa máquina de escribir. Entre estas paredes, e destas teclas xurdiron grande obras da nosa literatura.

O gorro do mago Merlín, fragmentos das súas obras e a voz do propio Cunqueiro completan o ambiente deste museo cargado de historias.

Noticias web

01/03/2019