Inauguran as novas instalacións do albergue de peregrinos de Pontevedra
En Pontevedra inauguraron a ampliación do seu albergue de referencia. É unha parada obrigada para todos aqueles peregrinos que inician o Camiño portugués cara a Santiago.
Aos poucos, o Camiño recupera folgos e tamén peregrinos. A pandemia freou unhas cifras de crecemento que este ano querían chegar, no Camiño portugués, as 100.000 compostelas.
O perfil do peregrino tamén é diferente. Os que apostan polo camiño este ano son sobre todo turistas nacionais.
O Camiño Portugués converteuse dende hai anos en todo un reclamo. O seu albergue de referencia en Pontevedra así o viña notando ata a chegada do coronavirus. No mes de xullo pasaron por el uns 350 peregrinos. O ano pasado, case 2.000.
O edificio conta cunha vintena de camas máis e cun bosque exterior dedicado ás camelias. A súa inauguración faise pensando no Xacobeo do vindeiro ano e no número de peregrinos que pouco a pouco apostan por esta opción.
Unha progresiva reactivación, do 70% entre xullo e agosto, que os animará a seguir traballando por un camiño seguro para o vindeiro ano.