CRTVG

Buscar

Iñaki Urdangarin non terá que volver durmir en prisión

Publicado o 23/06/2021 20:57
Iñaki Urdangarin non terá que volver durmir en prisión

Iñaki Urdangarin non terá que volver durmir en prisión. Desde esta semana, o cuñado do Rei, que cumpre xa a última fase da condena, poderá durmir na casa da súa nai, en Vitoria.

A medida aplícaselles aos presos por delitos económicos que tivesen bo comportamento durante a súa estancia en prisión. Iñaki Urdangarin poderá viaxar ao estranxeiro por motivos laborais e terá que cumprir un control semanal, ben presencial, no cárcere, ou ben telefónico.

Noticias web

23/06/2021