Imprudencia en Portugal: centos de persoas, sen máscara nin distancia, para ver surfear en Nazaré
De Portugal chégannos unhas imaxes que sorprenden e indignaron tamén a poboación do noso país veciño. Centos de persoas amoreáronse en condicións de risco sanitarias para ver un espectáculo natural si pero en plena pandemia non era o momento.
Falamos das ondas de 16 metros que se puideron ver nas últimas horas en Nazaré, a meca do surf. Pero hoxe non é noticia ese incrible espectáculo natural. As forzas de seguridade da vila víronse desbordadas ante a avalancha de xente que apareceu espontanemente para ver as ondas. Non gardaban a distancia de seguridadade, moitos non tiñan a máscara posta. Unha escena que provocou a indignación do pobo portugués nos peores días da pandemia en Portugal.
Son imaxes que dan arrepío nestes tempos de pandemia. Non se trataba dunha competición de surf, a xente acudiu á praia do Farol alertados nas redes sociais. O furacán Épsilon chegou con fortes ventos á costa portuguesa que fixeron que se formaran ondas de ata 16 metros e os seguidores do surf achegáronse para ver o famoso canón de Nazaré, pero sen manter a distancia de seguridade e moitos sen a máscara que xa é obrigatoria en Portugal desde esta semana.
As forzas de seguridade da vila acudiron para dispersar a multitude, pero non serviu de nada, porque os visitantes buscaron alternativas para seguir vendo o espectáculo natural e onde se bateu algunha que outra marca deportiva que fixo esquecer aos asistentes que en Portugal tamén se bateu onte outro récord, o de número de positivos por coronavirus en toda a pandemia.