CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Importantes danos nos viñedos de Amandi polo pedrazo

Publicado o 15/07/2018 21:23







300.000 quilos de uva estragados polo pedrazo en apenas vinte minutos. É a primeira avaliación que fan na Ribeira Sacra dos danos provocados por unha das últimas treboadas. Ata sete adegas se viron gravemente afectadas: boa parte dos seus viñedos nin sequera poderán recuperarse para o vindeiro ano.




E o demo chegou en forma de pedrazo, a treboada trouxo consigo unha tromba de xeo que levou por diante en menos de media hora máis do sesenta por cento dos viñedos da súa adega. O ano, di, está perdido.

A nube de sarabia situouse xusto por riba da parroquia de Amandi, unha das zonas de viñedos máis emblemáticas e representativas da denominación de orixe Ribeira Sacra.

Non quedou nada: o pedrazo estragou as follas, os acios e boa parte das plantas, dificilmente recuperables mesmo con vistas ao vindeiro ano. As perdas, din, cóntanse por centos de miles de quilos de uva.

O consello regulador fará mañá unha avaliación oficial dos danos.