CRTVG

Buscar

Importante triunfo do Cangas en Cuenca

Publicado o 26/09/2021 14:12

E na Liga Asobal, importantísima vitoria do Frigoríficos do Morrazo en Cuenca. A primeira vitoria da temporada encarreirárona os cangueses cunha renda de catro tantos nos dez primeiros minutos. A partir de aí o intercambio de goles sempre os favoreceu, e a vantaxe foi medrando ata o 26 a 34 final. David Iglesias comandou o triunfo con 9 goles. Un triunfo que deixa o Cangas cómodo, na metade da táboa.

Noticias web

26/09/2021