Implantan en España o primeiro corazón artificial nun paciente novo
Publicado o 18/06/2019 19:51
O Hospital de Bellvitge, en Barcelona, implantou o seu primeiro corazón artificial total. Trátase dunha operación que se fixo nun home mozo ao que lle faltaban os ventrículos e tiña hipertensión pulmonar. Era imposible facerlle un transplante cardíaco inmediato.
A intervención realizouse o pasado 27 de maio e desde aquela o paciente continúa estable na unidade de coidados intensivos, á espera de que se normalice a hipertensión pulmonar.