Cursos de inclusión lingüística para migrantes en Lalín
As dependencias do colectivo social Carabelo acollen un curso de alfabetización das linguas oficiais en Galicia para persoas inmigrantes, organizado polo Concello de Lalín. O obxectivo é integrar persoas que teñen problemas co idioma. Estes cursos prolongaranse ata o 30 de outubro.
Son grupos reducidos de menos de dez alumons e alumnas. En total preto de medio cento de persoas acoden aquí en quendas, entre as nove e media da mañá e ata as oito do serán. Cada un dos catro grupos asiste a sesións de dúas horas. Os cursos van dende o máis elemental para coñecer as primeiras palabras ata os que xa están máis avanzados.
"É un goteo de xente que busca, que necesita axuda, uns orientación e outros apoio como este tipo que a través do Fondo Social Europeo pódese conseguir. E axúdaselles tanto informativamente, apoio escolar, apoio tanto para eles como para os fillos. Temos claro que, si é certo que este curso é para as persoas con problemas ou risco de exclusión, pero xa a nivel da asociación pois abranque moito máis. Xa son todas as familias non só as estranxeiras, senón tamén as españolas", di Luisa Salas, voluntaria da Asociación Carabelo.
"Para mellorar o meu castelán e para que me axuden. Porque porque exemplo eu teño problema para escribir e expresarme. Entón por iso me axuda", conta unha das alumnas. "Necesitaba e necesito falar mellor, porque teño que mellorar porque faime falla ter un traballo. Non agora, que non poido traballar que teño o home enfermo, pero no futuro sí. E para mellorar é necesario que veña as clases, entón decidín vir as clases malia que xa levo oito anos aquí", explica outra.
Con este trato case persoalizado os idiomas galego e castelán serven como medio para a inclusión e favorecen a interacción dinámica coa sociedade. O persoal docente conta con ampla experiencia no ensino a migrantes.