CRTVG

Buscar

Imaxes da fábrica de Jealsa ao outro día desde un dron

Publicado o 09/05/2021 19:08

Son imaxes do estado en que quedou a conserveira que Jealsa ten en Boiro. As lapas devoraron durante máis de seis horas 11.000 metros cadrados da fábrica e quedou afectada especialmente a zona de conxelados, onde se cre que comezou o lume, a de cocción e a de procesado.

O incendio non afectou partes fundamentais da fábrica, como a zona de produción. A repercusión económica dos danos está aínda por determinar.