CRTVG

Buscar

Imaxes de clientes sen máscara nin distancia nunha discoteca de Ferrol indignan na cidade

Publicado o 07/07/2021 16:05

Os vídeos, que correron como a pólvora nas redes, fixeronse na madrugada do sábado na discoteca Onda. de Ferrol. Era a primeira noite de festa despois de case un ano. E, como se poden ver, algúns esqueceron que a pandemia continúa.

Malia a indignación que desatan, os propietarios do local din que son imaxes sacadas de contexto, que reflicten un momento puntual no que, ao apagar a música ás 2.30 da madrugada, a xente concentrouse na pista para pedir máis festa. Aseguran os propietarios que ata ese momento de peche a noite foi tranquila e que se cumpriron todos os protocolos esixidos para a reapertura do ocio nocturno.

Desde a asociación de hostaleiros de Ferrol piden prudencia á mocidade e recordan que, se os protocolos se cumpren, é posible divertirse de xeito seguro. Agardan que o do sábado sexa un caso illado e que non se volva repetir pola saúde de todos e a propia imaxe do sector.

Noticias web

07/07/2021