CRTVG

Buscar

Ilusión e nervios a un día de comezaren as clases en infantil e primaria

Publicado o 08/09/2021 20:55

Paula ten doce anos, mañá empeza sexto de primaria, será o seu último curso nun colexio público de Ourense. Coma ela, na dicotomía entre querer e non volver ao cole están hoxe varios pequechos.

E ti, queres que acaben as vacacións? A maioría daqueles aos que hoxe lles preguntamos non ven o momento de regresar ás aulas. Algún que outro non durmirá hoxe moito. Algo de inquedanza tamén hai entre as familias; 187.624 alumnos e alumnas de infantil, primaria e educación especial comezan mañá as clases, 15.414 irán ao colexio por primeira vez.

Mario xa ten lista a mochila, pero agora toca descansar, que mañá hai que madrugar. 

Noticias web

08/09/2021