CRTVG

Buscar

Illa defende que no fixo a PCR antes do debate porque non se fan por capricho

Publicado o 10/02/2021 17:25

Son imaxes das PCR que fixeron os candidatos antes do debate electoral do martes. Non as verán de Salvador Illa: o líder socialista di que non se daba ningunha das condicións que fan obrigatoria esa proba. Pero en campaña, todo conta.

Inés Arrimadas, presidenta de Ciudadanos, preguntábase "que exemplaridade é esa de que quen era hai catro días ministro se nega a facer unha proba covid?".  Àngels Chacón, candidata do PdeCAT, explica que "todos os participantes menos el fixeron unha PCR para garatir que non tiñamos a covid. É un nivel de electoralismo que xa pasa as liñas vermellas". Dolors Sabater, da CUP , pensa que "é unha actitude deplorable".

Illa estivo este mércores arroupado polo presidente do Goberno. Pedro Sánchez apelou ao voto feminino para deixar atrás, dixo, unha década perdida: "escoito algúns independentistas dicir, 'propoñedes pasar páxina', non, nós queremos pasar páxina, pero non para esquecer, non queremos amnesia, ao contrario, nunca debemos esquecer esta década estéril e dolorosa para a sociedade catalá e española".

Pere Aragonès desconfía da promesa de Illa de non ser investido cos votos de VOX. Despois dalgunhas friccións, o candidato republicano lanzaba unha chiscadela a Junts e á CUP: "a señora Borrás non é a miña adversaria, a señora Sabater non é a miña adversaria, son as miñas aliadas, e espero contar con elas no meu goberno".

O parte diario de recursos para non acudir o domingo ás mesas electorais achégase xa aos 28.000, o 34% de todos os convocados.
 

Noticias web

10/02/2021