Illa convoca este venres unha reunión extraordinaria coas comunidades tras a repunta de casos
Publicado o 13/08/2020 22:27

O ministro de Sanidade convoca para este venres unha reunión extraordinaria do Consello Interritorial do Sistema Nacional de Saúde para abordar coas comunidades a evolución da pandemia.
Illa comparecerá ante os medios posteriormente, arredor das 13.00 horas, para informar dos asuntos tratados e da evolución da covid-19. Será a segunda vez, nesta semana, que o ministro se reúne cos representantes autonómicos.