CRTVG

Buscar

Illa: "As comunidades autónomas adaptarán as recomendacións de Nadal á súa realidade"

Publicado o 25/11/2020 19:54

• O ministro de Sanidade agarda que haxa un acordo a vindeira semana

• Sánchez, aberto ao diálogo sobre o Nadal: "Estamos no inicio da fin da pandemia"

 

O ministro de Sanidade, Salvador Illa, comentou que na reunión do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde (CISNS) se aludiu ao borrador de Propostas de medidas de saúde pública fronte á covid−19 para a celebración das festas do Nadal', aínda que se acordou seguir traballando nel e aprobar o documento final, previsiblemente, no CISNS da próxima semana.

"Cada comunidade autónoma deberá tomar as decisións que considere oportunas respecto á propia situación epidemiolóxica, aínda que o obxectivo é acordar un documento con recomendacións xerais e esperamos que se aprobe a semana que vén", detallou o ministro de Sanidade.

Do mesmo xeito se pronunciou a ministra Darias, quen insistiu en que as medidas que se foron adoptando están a dar resultados e mostrou unha "mensaxe de esperanza contida e moi responsable".

Vacinación e estudo de seroprevalencia

Illa sinalou que na reunión se presentou o Plan de Vacinación contra a COVID−19, aprobado este martes polo Consello de Ministros, un documento "vivo" que se vai enriquecer e que ten como obxectivo estar "preparados" para distribuír as vacinas contra o covid−19 conforme vaian chegando a España. 

O ministro fixo un chamamento á cidadanía para que participe na cuarta vaga do estudo de seroprevalencia, xa que, a pesar de que o nivel de resposta é "óptimo", está a ser un "pouco menor" que nas vagas anteriores.