Igualdade insiste en seguir traballando para erradicar a violencia machista
Publicado o 16/05/2019 16:34
A secretaria xeral de Igualdade amosou a súa solidariedade coa vítima, a quen lle desexa unha pronta recuperación. Susana López Abella tamén instou a seguir traballando para erradicar a violencia machista.
"Desexámoslle de todo corazón que se recupere, tamén á familia e a todo pobo de Vimianzo. Cando ocorre algo así non todo o pobo queda marcado, a familia, senón tamén a comunidade autónoma de Galicia. E ás veces temos a sensación de que dámos un paso atrás con casos así", asegurou López Abella.