CRTVG

Buscar

Igualdade e o Govern denuncian o 'influencer' que di enganar as mulleres para non usar preservativo

Publicado o 14/07/2021 21:12
Igualdade e o Govern denuncian o 'influencer' que di enganar as mulleres para non usar preservativo

O Goberno balear e o Ministerio de Igualdade denuncian o 'influencer' mallorquino que asegurou que engana as súas parellas para non utilizar preservativo. Naim Darrechi contou que lles di que é estéril. Igualdade xa presentou na Fiscalía unha querela contra o 'tiktoker', e a presidenta balear anunciou que o Govern se querelará contra el por incitación á violencia contra as mulleres e contra a súa liberdade sexual, dereitos sexuais e dereitos reprodutivos. O canal de Tik Tok do mozo ten 26 millóns de seguidores.

 

Noticias web

14/07/2021