CRTVG

Buscar

Ignacio Aguado, exvicepresidente da Comunidade de Madird, deixa a política

Publicado o 17/05/2021 17:47
Ignacio Aguado, exvicepresidente da Comunidade de Madird, deixa a política

FOTO EFE

O exvicepresidente da Comunidade de Madrid, Ignacio Aguado, deixou este luns a política e presenta a súa dimisión do comité permanente e da executiva nacional de Ciudadanos. Será substituído pola vicealcaldesa de Madrid, Begoña Villacís, que dirixirá a formación na autonomía.

Manterá a súa afiliación ao partido e desexoulles "moita sorte" aos seus compañeiros e "acerto" nas próximas eleccións". Aguado rexeitou "rotundamente" a posibilidade de fusionarse co PP ou o PSOE e agradeceu a Albert Rivera "a oportunidade" de estar á fronte da formación.

Tras o adianto dos comicios e a ruptura do executivo de coalición, Aguado xa dera un paso atrás para deixar que encabezase a lista laranxa outro candidato, neste caso o portavoz adxunto da formación no Congreso dos Deputados, Edmundo Bal.

Noticias web

17/05/2021