Iglesias reivindica o papel do seu partido dentro do Goberno "nun terreo de combate político"
Publicado o 03/03/2021 16:06
Pablo Iglesias falou sobre o Goberno de coalición que ten co PSOE. Para o vicepresidente, o executivo español é un terreo de combate onde o seu partido é o que logra os avances. Así llo trasladaba ao seu grupo no Parlamento Europeo.
"Os principais avances do Goberno de coalición derivan dun esforzo incansable pola nosa parte para facer cumprir o acordo que acadamos co PSOE. Cando se está nun goberno de coalición, estase nun terreo de combate político, os gobernos tamén son un terreo de combate", manifestou Pablo Iglesias.