CRTVG

Buscar

Iglesias, o grande ausente da noite electoral

Publicado o 27/05/2019 13:55

O gran ausente da noite electoral foi Pablo Iglesias. O secretario xeral de Unidas-Podemos non compareceu para avaliar o pau que sufriu a formación. 

No seu lugar, a candidata ao Parlamento Europeo, María Eugenia Rodríguez Palop, explicaba o retroceso de Podemos polo auxe do Partido Socialista.

A Pablo Iglesias vírono chegar ao Teatro Goya. Pero pouco máis se soubo del. Foron as candidatas as que deron a cara.

Mensaxes cun destinatario. Íñigo Errejón. Tamén Monedero cun chío en Twitter púxoo no centro da diana.

Os desencontros previos dentro da formación morada suman outra vítima, Manuela Carmena. Coa dereita no Concello, dará un paso atrás.

O trompazo de Unidas Podemos tamén é considerable en Castela-A Mancha, en Castela e León, ou en Aragón.

 

 

 

 

 

Noticias web

27/05/2019