Identifican o falecido atropelado na AP-9 o sábado como un mozo pontevedrés
Publicado o 13/01/2020 19:33

Xa se dá por identificada a persoa atropelada o pasado sábado na AP-9, en Pontevedra. A falta de confirmación oficial, todo indica que se trata dun mozo de Pontevedra, duns 30 anos, que preparaba oposicións.
A investigación policial aínda non puido determinar como chegou ata a autoestrada e por que circulaba por ela, se se tratou dun accidente ou unha imprudencia. Tampouco a familia nin os amigos atopan explicación lóxica.