Identifican o condutor que fuxiu tras atropelar un home en Outes
Publicado o 10/07/2020 14:36
A Garda Civil identificou o condutor do vehículo que fuxiu, no concello de Outes, tras atropelar un home que circulaba en patinete. O sinistro produciuse no serán do xoves na localidade de Ro, na estrada comarcal que conecta con Muros.
O ferido, de 65 anos, foi trasladado ao Complexo Hospitalario de Santiago. O condutor vai pasar nas próximas horas a disposición xudicial, investigado por un delito de abandono do lugar do accidente.