CRTVG

Buscar

Identifican en Poio un home en corentena que estaba con non conviventes

Publicado o 31/05/2021 15:00

A policía identificou en Poio un veciño que tiña que gardar corentena pero que foi sorprendido pasando o tempo con persoas non conviventes. Estaba no xardín do seu domicilio con outras 6 persoas coas que non convive. Os axentes acudiron ao domicilio alertados polo servizo de rastrexo do covid-19.

Este tipo de infraccións ten unha sanción de entre 3.000 e 20.000 euros dependendo da gravidade.

Noticias web

31/05/2021