CRTVG

Buscar

Identifican 28 menores en inspeccións en salóns de apostas

Publicado o 07/10/2019 15:21

Axentes da Policía Nacional, Foral e Mossos visitaron máis da metade das casas de xogo do Estado na operación Arcade, o primeiro e maior despregamento para controlar o acceso dos menores a este tipo de locais.

A operación saldouse con 4 detidos, 184 adultos indocumentados e 28 menores identificados, 2 deles en Galicia. Levantáronse 220 actas, xa trasladadas ás comunidades autónomas que teñen a competencia para sancionar.

O operativo púxose en marcha a consecuencia das denuncias veciñais pola entrada dos menores, pero tamén do propio sector que denuncia escraches e actos vandálicos nos seus establecementos.

Noticias web

07/10/2019