CRTVG

Buscar

Iceta pedirá amparo ao TC tras a actitude "sectaria" do soberanismo

Publicado o 16/05/2019 17:12

65 votos en contra do bloque independentista tombaron a posibilidade de que Iceta chegara ao Senado por designación autonómica. Houbo 39 abstencións, do PP e Ciudadanos e 25 votos a favor, dos comúns e do grupo socialista. Miquel Iceta, PSC "O sectarismo impúxose sobre a legalidade e o sentido común. O recurso está en camiño. Xa o temos"

Con ese recurso ante o Constitucional, piden a suspensión dos efectos da votación, por entender que se vulnera a proporcionalidade que saíu das urnas para a representación dos senadores autonómicos. E de momento non presentarán un candidato alternativo. Pedro Sánchez, presidente do Goberno en funcións " Vetan a Iceta porque non queren solucións. Porque queren vivir do conflito. Pero voulles dar unha mala noticia: haberá solucións, convivencia e fraternidade"

O PP cre que a votación de Esquerra complica a investidura de Sánchez. Pablo Casado, presidente do PP "Creo que o condiciona porque creo que el o que quería era pactar con Podemos e Esquerra. Se non queremos unhas segundas eleccións, que ninguén queremos, debería intentar explorar outras fórmulas constitucionalistas, dende logo non co Partido Popular"

O Senado constitúese o martes, de momento cun escano vacante.