Iberia pecha a compra de Air Europa por 500 millóns de euros
Publicado o 20/01/2021 09:00
Iberia pecha a compra de Air Europa por 500 millóns de euros. Pagaraos en cinco anos. A compañía asinou o acordo co grupo Globalia un ano despois de anuncialo. O prezo é a metade do inicialmente previsto, como consecuencia dos cambios provocados polo coronavirus no sector aéreo. Con esta compra, a multinacional IAG, propietaria tamén de Vueling, controlará as tres primeiras aeroliñas españolas e moverá máis do 70 % do tráfico nacional. Tamén se fará co liderado nas conexións aéreas entre Europa e América latina.